Tutorial Audacity

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tema 2 - Hardware


1-A unidade máis pequena de información nun ordenador corresponde a un díxito binario (0,1), denominado bit.
2- Ao conxunto de 8 bits denomínase byte. Como o byte é unha medida moi pequena, existe múltiplos do byte: quilobyte, megabyte, gigabyte.
3- Denomínase hardware ao conxunto de dispositivos físicos que integran o ordenador.
4- Denomínase software, ao conxunto de instrucións que dirixen os compoñentes do ordenador para que realicen as distintas tarefas.
5-  O hardware dun ordenador está constituído basicamente pola Unidade Central de Proceso (a memoria, os periféricos de entrada ou saída e os dispositivos de almacenamento.)
6- A memoria dun ordenador está constituído por un conxunto de compoñentes capaces de almacenar datos: a memoria RAM, memoria caché, memoria virtual, memoria ROM-BIOS e memoria RAM CMOS.
7- Todos os dispositivos que forman parte do ordenador deben estar conectados entre si; se non fose así, non podería fluír a información por todos eles e non terían fonte de alimentación.
8- Os ordenadores presentan un conxunto de conectores denominados portos de comunicación. Exemplos: portos serie, portos paralelo, portos USB, portos IEEE 1394, HDMI, etc.
9- Os periféricos de entrada permiten introducir información dende o exterior ao ordenador. Exemplos: rato, teclado, cámaras dixitais, micrófono, etc.
10- Os periféricos de saída permiten obter os resultados de distintas maneiras: visibles nunha pantalla, impresos en papel, etc. Exemplos: monitores convencionais, de plasma,impresoras, etc.
11- Os dispositivos de almacenamento dun ordenador está constituído por:discos magnéticos, discos ópticos (CD-ROM, DVD-ROM), discos magneto-ópticos, etc.
12- Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si que comparten recursos e información.
13- Cada ordenador identifícase cunha dirección IP.
14- Os ordenadores pódense conectar mediante: redes inalámbricas, redes externas, redes privadas virtuais, a través dunha liña telefónica (módens, ADSL, etc.), a través de cable, vía satélite, por ondas radioeléctricas, conexión móbil (GSM, GPRS, etc.).